Ana está prometida, ou canto menos, enmozada, cun deses rapaces de destiño mariñeiro e muller en cada peirao. Un soldo estábel, un futuro esperanzador e un presente seguro. Ana non ten ollos pra ninguén máis, salvo pra ese cativo con ollos de home que é Manuel. O longo das romerías foi medrando nela un interese furtivo por ese neno de ollos vivos, non o pode contar, en épocas de represión e normalidade, o desexo inhibido é visto coma un pecado. Manuel, persoa observadora, non percatara de nada disto ate na última romería. Nun deses bailes cunha nena do povo tropezara con Ana, ambos xiráronse e soríronse. Nunca antes sentira eses nervos percorrendo o seu corpo, nin traballando flaqueáranlle as pernas dese xeito. Ela, por dentro, estoupáballe o corazón. Sen falar, sen coñecerse, sen saber nada o un doutro cunha mirada seu mundo cambiara.
O tempo pasa, outonos e invernos se suceden. E o cativo que fora mirado furtivamente, xa é todo un home de 20 anos, Ana, con 30, hastiada dun home que non sabía onde estaría e so coñecía durante unha semana decidirá dar un xiro a súa vida. ¿Que mais da o que dirán cando o que se sinte é verdadeiro? Ana e Manuel xa non son dous descoñecidos, son dous namorados que collidos da man dan pasos firmes no decorrer da vida. Desa firmeza, Uxía, unha preciosa nena loira que medra cos ollos dun besbello.
Non se trata de canto tes, se non da capacidade de amar. Non se reprime, simplemente se siente. Cando miras alguén coma se fora a túa vida ¿que máis da o resto?. Cando os nenos voan do niño familiar, quedan as persoas. Durante 40 anos traballando, agora toca desfrutar o un do outro, en toda a súa intensidade. Paseos interminábeis a luz do sol do estío, cafés quentes cando a choiva peta nas cristaleiras desa céntrica cafetería, a volta outonal o campo que os veu medrar. A vellez máis bonita é aquela que é compartida.
Din cos médicos o saben todo. Manuel intenta pronuncialo "Alzheimer", e dalle dor de corazón. Ana nin se lembra do seu nome, Uxía protagonista da actualidade traballa e vive allende dos seus. Ana non sabe coller unha culler, pero sempre conta a vez que coñeceu a seu mozo. Pérdese na súa propia casa, pero detalla con perfección como foi o primeiro bico. Manuel, esvarece con ela cada día que pasa. O que eran paseos vivos, tornáronse en pequenas andainas pra rematar sendo unha cama desfeita cunha muller postrada. Cada mañan, o almorzo suavemente preparado. Cada mediodía, a comida, sempre a favorita, aínda ca ela todo lle sepa igual. E pola noite, esas cordas de seguridade pra que non marche nin caiga da cama.
Manuel xa non é Manuel, é un cadaver andante. Un suspiro de si mesmo que vaga polas rúas da cidade. Ana, non é Ana, é un feixe de lembranzas espalladas inconexamente polo seu cerebro. Son golpes na cara do seu marido que ve coma un estrano. Seu corpo non a obedece, volta a ser un meniño no berce da súa nai, pai neste caso. Ante os ollos de Manuel esvarece a muller que quere, non pode máis. Convalecente dunha operación recente, da cal ela non sabe nada, o único medo que ten é imaxinala soa e inválida nesa cama, nese frío piso, nesa cidade tan dura e impersoal. Non quere marchar primeiro, tampouco quere que marche ela. Sempre foron dous nun principio, e deberían selo no final.
A política non entende de sentimentos nin de corazón, as axudas non son axudas porque se perden en papeis burocráticos con destino incerto. A dor féndelle o corazón, xa rematou a comida de Ana. Xa non fala, simplemente balbucea, mirao e acariciaó coma a un recén nacido. Dúas bágoas fuxen dos seus ollos porque non sabe quen é él. Pero si presinte o que vai pasar. Entre bágoas, un soriso redentor. Manuel, desbocado nun choro de pena e dor, non ve outra saída. A propia vida que lle deu o tesouro máis preciado prívalle duns beizos, dun latido, dunha persoa, da súa persoa. Un coitelo. Sangue. Silencio. Xa non late. "Vou contigo meu amor". Pecha os ollos. Xa a ve nunha luz cegadora, achégase con ela collido da man o final universal. Bicándose ven as portas do ceo... Él escoita un pitido entrecortado, o do monitor das constantes vitais do hospital...
" Un coruñés de 75 años, mata su mujer con Alzhéimer, y luego se intenta suicidar"
La Voz de Galicia, Viernes 16.
No hay comentarios:
Publicar un comentario