Dicían que era o home máis sabio do lugar. Era médico, un deses que exerce a menciña dun xeito tradicional. Herbas como remedios pra dores estomacais. Rituais pra dores intensos de cabeza. Compoñementos pra arranxar osos maltreitos do corpo. Todos e cada un dos habitantes acudían e pedían seus servizos. Entre eles, a beleza feita muller, unha cara de porcelona debuxada con bágoas de cristal. Un movemento que se deslizaba en lugar de camiñar. Admirada dunha a outra punta polo seu rostro, a súa paz interior, en pouco tempo, convertérase na muller do médico.
O cabo dos anos, nunha desas cruentas guerras de significado vacío e mortos que calan, o doutor tivo que alistarse pra combatir por unha bandeira e ideoloxía na que nin cría nin comulgaba, pero era seu deber, como sinalaban os gobernantes. Aqueles a quenes lles curaba enfermidades de dubidosa orixe e contaxio co único pago dun silencio eterno.
En medio das trincheiras combatía contra o inimigo e so vislumbraba unha saída; a faciana da súa muller. Aquela pureza mantíñao vivo, non loitaba por un país, nin por un reino, simplemente por voltar a casa. O máis doado sempre é o máis compricado de conseguir. Tras ano e medio no fronte, a guerra chegara seu fin, pouca importanza ten dicer se houbo gañadores ou quen foi o perdedor. Na última carta recibida nos barracons da resistencia, lera con impaciencia e unha dor enorme, que súa muller contraera unha enfermidade de orixe descoñecido e síntomas devastadores. Como non había ninguén no pobo que soubera nada de menciña, houbo que emprender un viaxe a cidade, demasiado tarde chegara o remedio. Agora xacía nunha cama coa cara deforme por unha especie de sarpullido canalla que lle carcomera a vida.
A súa chegada, o médico, dixo que nun mal estoupido quedara cego e que agora a súa vida sería coidala súa muller e axudala en tódolo posíbel. Pasaron 12 longos anos, coas súas noites e días, 12 anos adicados a unha persoa, a limpar con fregas de cariño o que a vida negábase a dar, a colmar de paciencia os nervos pola beleza efímera perdida. E o fin, a morte. Logo dun enterro lembrado e recordado por todo o pobo, o médico, o día seguinte, recuperou a vista. Coma se dun miragre se tratara, voltou ver, se é que nalgún momento deixara de facelo, voltou o seu traballo ate o fin dos seus días. Dicían que era o home máis sabio do lugar...
sábado, 24 de febrero de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario