sábado, 10 de marzo de 2007

Non debería dicer estas palabras, pero non as podo calar, saen do fondo, do corazón.
Xa esta ben de tanto sentimento español. Non podo con él e aínda por riba hai que poñerlle boa cara. A construcción identitaria española, parte da represión. Unha vez máis. A construcción de España como unión (una, grande y libre) parte da eliminación e silenciación das ansias dos pequenos povos (como dicía Orson Wells) que conforman a entidade nacional ibérica. No caso galego foron os reis Católicos é un clero e a nobleza os que favoreceron a implantación, control e devastación da cultura, ser e lingua galega. Logo os cidadáns o longo dos séculos encargámonos de non saír adiante votando o retrógrado, o fascismo, caciquismo e patetismo dun PP arcaico e franquista, de aí ven Fraga...

E agora hai que poñer boa cara co Español. "es un deportista español..", "representa a su país...", ¿Pero de que estamos a falar? Cando o deporte se manipula, se instrumentaliza coma vehículo de ideas, construcción e logros dignos de Santiago Matamoros, deixa de ser deporte pra convertirse nun obxeto mercantil cargado con imaxinarios alonxados da súa natureza. A bandeira de España leva sangue nos seus cores, sempre a levara, igual ca Ikurriña manchouse de sangue inocente (lembrar que pra moitos, so son condenábeis as víctimas civís, posto que nacionais e demais son vistos como forzas de opresión e colonización do Estado Español..). Pero xa está ben ¿So existe aquilo no que participa un español? Parece ser. ¿Só se lle da grandeza os campos onde hai certa notoriedade española? ¿Non lembra isto o imperio dos reis católicos, o colonialismo de Cristóbal, a ese imperio onde nunca se puña o sol, e que tanto devastou a cultura amerindia...? Si, pero peor. Porque agora dispoñemos de perspectiva, de espíritu crítica, de verdade e obxetividade, pero so a empregamos pra o que nos place. ¿Quénes son Rafael Nadal, Fernando Alonso, Daniel Pedrosa, Raul e os 10 fascistoides que defenden a selección "nacional", Pau Gasol, Penelope Cruz...? Cada un no seu campo ten repercusión. Pero o deporte é deporte, e no caso déstes tiñan que ter repercusión polos seus logros deportivos, a súa superación. Nada mais. ¿Acaso ditas características so son patrimonio do "ser español"? É mais, a repercusión co deporte acadou non é mais cun xeito de aborregar e silenciar a masa, e a partir de aí construír un orgullo patrio, por tódolo español rancio e arcaico. A honra é do deportista como exemplo de forza e superación, iso era na Grecia clásica, que non se nos esquenza (incluso un xeito de acadar a categoría de cidadan...) Pero instrumentalizouse, convertiuse nalgo o que aspirar e desexar polo mercantilismo que rodea a toda sociedade.

Cada vez que vexo unha bandeirilla desas póñome enfermo "es un deportista, personaje, actor español" ¿e que? Hitler tamén establecía co ser aleman era un ser superior e supremo, a raza aria en tódolos campos. Alemaña como patria grande. ¿Se quitámolo nome de Hitler, non é o mesmo que fan os medios de comunicación (carto poder) coa imaxe española? Inventan por opresión, non por creación. Manipulan, crean ídolos con pes de barro. E os contrarios a tal vergoña, sinálanse coma "antipatriotas", "politizadores"... Sempre pasou, pero non por iso hai que calar. A construcción identitaria debería ser algo socialmente acadado, e non imposto. E, señores, cando varias comunidades autónomas, cando máis dun 20% poboacional non se sinte representado neses cores, nese invento histórico-dialéctico español, hai que respetalo. Pero non, da medo escoitar a dúbida cartesiana ben construída. E a min, agora sí, dame asco esa exaltación da bandeira, desas cores que tanta bocas calaron durante anos de terrorismo fascista, o español como gloria da raza. Non é deporte, e comercialización. Mataron o espírito verdadeiro pra convertilo nunha ordalia contra españa, os españois e a esencia ibérica. A do touro, a da águila imperial que tantas vidas arrancou. Hoxe, esa bandeira da que tanto presumen deportistas e xente laureada, repito, hoxe, vai enarbolar a manifestación máis vergoñenta da historia da democracia. Esa bandeira, a mesma que representa os logros de deportistas, intelectuais de medio pelo, artistas e xente envidiábel do "ser español", esa, encabeza a manifestación da ira, da crispación, do odio e da incomprensión. E aínda, haberá quen se pregunte porque moitos queremos o recoñecemento da nosa propia identidade, da nosa historia, cultura, tradición e lingoa, e que se pregunten porque non somos españois, porque rexeitamos todo iso. A resposta a teñen nas rúas de madrid o día de hoxe...

No hay comentarios: