martes, 1 de mayo de 2007

Viuna por primeira vez naquel pasillo. Radiante, preciosa. A tranquilidade camiñando por un angosto sendeiro. Embobado contemplauna durante minutos que semellaron días. Dende ese momento non houbo instante que non temera cando a tiña o seu carón.
Os días pasaron, encontros inesperados e segredos ocultados. Cando dicía "adeus" semellaba dicir "fica o meu lado". Un día, igual que cando a veu, rematou tendo o seu número. Coñecéronse pouco a pouco, e algo co que non contaba apareceu. " Mi novio..." dicía con admiración, no seu rostro debuxábase unha expresión de beleza endexamais vista, e él tornábase tolo de so contemplala. Cada día que pasaba medraba o amor por ela, polo que lle facía sentir, polo que era o seu lado.

O insoportable do sentimento era enorme. Non había xeito de controlalo nin calmalo. Todo o que él era o era porque ela estaba con outro, porque un afortunado acadara o que él tanto ansiaba. ¿Quén era pra meterse no medio? ¿Quén era pra desatar tanto dano? Ninguén. Non a bicara nunca, pero o feito de non facelo foi suficiente pra que ela dérase conta do que sentía. Non podía máis, non quería loitar porque o amor non se acada nun campo de batalla, non é un regato de sangue derramada. Aqueles días de luz tornáronse en noites de saraiba ardante. Non houbo intre nin segundo que non a sentira coma súa, que non a desexara e amara en silencio. Polo que ela era noutra persoa. Agora, nunha tumba dunha parella enterrada con só 6 meses de diferencia, pousando unha flor, comprendía co amor ten moitas formas, tantas que moitas veces non é coma nos contaron, se non coma o sentimos...

No hay comentarios: