domingo, 27 de mayo de 2007

Xa remataron as Eleccións. E coma sempre, ninguén perde. ¿Como fan os políticos pra debullarse todos como gañadores e conseguir co electorado, independentemente das ideas, o acepte? En 30 anos de democracia, sempre acontece o mesmo.

Centrándonos no caso galego. Vaias son as lecturas que se poden sacar. En primeiro lugar, o PP é o partido máis votado, pero curiosamente non vai ter mandato en ningunha das 7 grandes cidades galegas. No rural, sufre certo retroceso, pero se mantén por iso das redes caciquiles, a rutina e a costume de ver sempre a mesma faciana no poder. Pero, pensemos fríamente. O PSOE e o BNG, semella que van reeditar o pacto autonómico nas diferentes cidades onde a coalición pode gobernar. Agora ben, o PP é especialista na crispación, en desvíar atención e outros artificios alonxados da política verdadeira. Se tivéramos unha clase política intelixente e verdadeira, deixarían co PP gobernara, monocolor, nas cidades onde foi máis votado. Pero claro, toda decisión e iniciativa co partido da dereita tome e queira sacar adiante, por necesidade, necesita o apoio de PSOE e BNG (ou forzas con representación política) e aí e onde xurde o verdadeiro poder da coalición. Imaxinemos a alcaldesa de Vigo, ou o de Ourense vendo coma tódolos seus proxectos, ou unha parte deles, véñense abaixo pola falta de apoio político e cidadán. Iso fai moito máis dano ca unha coalición por un escano. O desgaste da figura do partido e do político sería enorme, e o electorado apreciaría como o PP segue facendo o que lle vai en gaña, favorecendo os monopolios económicos e urbanísticos, e demostrando co caciquismo e clientelismo sigue vixente.

Pero o poder, é moi erótico. E ninguén quere perder tallada na tarta da política galega. Nos vindeiros días veremos coalicions de esquerdas, como é de recibo, e os poucos meses, ese caldo onde tan ben se remexe o PP; a crispación, a oposición inútil de queixarse de todo sen dar apoio ningún. O problema é que a coalición ten lexitimidade pra facer iso na oposición porque xunta máis votos pra gobernar, pero o PP, só, porque él mesmo encargouse diso, nin ten votos pra gobernar nin pra derruír o que o goberno di. Pero ten o que máis lle gusta, maldade, desgaste. De feito, mañan xa comezara a retahíla de titulares na prensa onde Marianin, ou o Caudillo de Castilla (Aznar) falaran da sua victoria, da caída do PP... e todo aquilo que serva pra desvíala atención e crispar o ambente político.

Iste pode ser o paisaxe, dun xeito resumido, do que aconteceu nestas eleccións. O baixo índice de participación, mostra co planteamento de primarias que tiveron estás eleccions, non calou no electorado, que entre fútbol, alonso e mal tempo fíxose derrogar e nalguns casos, como no de barcelona, déronse rexistros de máis de 11 puntos por enbaixo da media estatal... Por certo, o PP jáctase de ser o partido mais votado en España. Coma sempre, verdade a medias, nesa realidade Madrid e Valencia inflan os resultados do PP, por densidade poboacional, ergo máis probabilidade de votos a dereita, sobre todo na casa territorial da dereita co Valle dos Caídos de retrato, Madrid. Cada un manipula os datos coma quere, pero que o PP non esquenza, que faltaron máis de 10 puntos de participación en relación as xerais, a xente que non vota porque pensa (non coma o electorado autómata da dereita), é de esquerdas. Se sumamos ese índice os resultados, pois vaia, vaia, o PP segue illado, pola man, o que él mesmo buscou. E seguirán pensando que ETA fixo o 11-M, por favor, co crean a pes xuntiñas e desaparezan da faz da terra, como dicía Calderón de la Barca, "la vida es sueño, y los sueños, sueños son..."

No hay comentarios: